CulturaCulturaÚltima hora

Verán cultural da man de Candea de Viana

A coral polifónica e a banda actuaron no Festival de Verán celebrado o 4 de agosto

Música e teatro. Son as duas propostas de Candea de Viana do Bolo para as datas de verán. A primeira viña da man da coral na tarde do 4 de agosto coa organización dunha nova edición do Festival de Verán que enchía a Casa da Cultura. Ese día a Coral Polifónica Candea (organizadora do evento) compartíu escenario con outras tres agrupacións: Orfeón Trivés, Coral Polifónica de Barro e Banda de Candea que despois das actuacións compartiron a tradicional cea de confraternidade. A Banda de Música Candea tamén será a encargada de amenizar a sesión vermú o día grande das festas patronais de Viana, o vindeiro 15 de agosto.

O grupo de teatro, por outra banda, é un dos encargados de levar este arte de afeccionados por diferentes pobos da contorna. O 29 de xullo actuaron en Viana do Bolo, o 1 de agosto na Veiga coas obras O diñeiro bo compañeiro e Os Vilacha, e o día 12 irán a Freixido.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button