ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Verín cede un traxe de Cigarrón ao Museo Galego de Entroido

O Concello vén de entregarlle un traxe completo deste personaxe emblemático do seu Entroido a este, situada en Xinzo de Limia

A edil de Cultura de Verín, Emilia Somoza, en representación do Concello, vén de ceder un traxe completo de cigarrón ao Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo de Limia, para “a conservación e exhibición patrimonial neste centro da vestimenta orixinal da figura central deste ciclo festivo” de inverno.

O cigarrón é “o elemento gravitacional sobre o que xira o noso Entroido, unha figura de respeto que ten sido quen de convertirse nunha icona de Galicia, e polo tanto, da cultura europea e mundial”, destacaba Somoza.

Dende o punto de vista do estilo, o traxe elixido “é contemporáneo e sintetiza os diversos estilos históricos que foron evolucionando na figura do Cigarrón”, segundo se informa dende o Concello. Foi elaborado no Obradoiro do Cigarrón e os seus materiais financiados polo Concello de Verín. Substitúe así ao préstamo temporal que tiña realizado un particular.

 

Fotos cedidas polo Concello de Verín

Artigos relacionados

Back to top button