ConcellosÚltima horaVerín

Verín celebrará a súa primeira Carreira Solidaria de Nadal o 10 de decembro

 

O sábado 10 de decembro, a Centro de Lecer Infantil e Xuvenil “Los Mundos de Iker” organiza, en colaboración co Concello de Verín, a primeira Carreira Solidaria de Nadal, destinada a recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei. Trátase dunha carreira solidaria non deportiva-competitiva na que poderán participar tanto nenos e nenas como adultos nas seguintes categorías:

• Benxamín (0-6)
• Alevín (7-12)
• Xuvenil (12-17)
• Adulto (18-112 Anos)
• Individual
• Grupo
• Mascotas

A saída será as 16:00 horas desde a Praza García Barbón e o percorrido realizarase polas rúas do Casco Vello de Verín. Así mesmo, haberá un premio especial ao mellor disfrace por cada categoría e un sorteo de premios entre todos os corredores e corredoras.

Para participar nesta iniciativa é necesario formalizar inscrición previa no teléfono 650698766 (Arantxa) e realizar o ingreso do donativo de 5 euros na conta : ES2030850208192655312128

Todas aquelas empresas que queiran colaborar con esta iniciativa, ben sexa economicamente ou directamente realizando unha entrega de alimentos, poden poñerse en contacto coa organización a través do mesmo teléfono de inscrición.

Artigos relacionados

Back to top button