EconomíaEconomíaÚltima hora

Verín presenta “Time Trip Caldeliñas”, unha app de realidade aumentada

Está deseñada pola empresa Xoia Software Development

 

 

O Concello de Verín presentou está mañá de 8 de agosto a app de realidade aumentada “Time Trip Caldeliñas”, no Balneario de Caldeliñas. Foi deseñada pola empresa Xoia Software Development, a cal reconstrúe con animacións en 3D o Balneario de Caldeliñas no seu momento de maior esplendor.

O acto de presentación correu a cargo do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e do tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, quen acompañados de Xoel Vázquez e Cristina García Souto, director executivo e directora de proxectos de Turismo e Cultura da empresa Xoia Software Development, mostraron aos medios de comunicación presentes o funcionamento desta innovadora aplicación.

 

 

Segundo explican os seus creadores, “trátase de traer o pasado ao presente de forma viva, ofrecendo un produto con rigor histórico, que dea un paso máis no entretemento turístico-cultural, supoñendo, ademais, un aforro en custos e mantemento ao reducir a infraestrutura necesaria para musealizar o xacemento ou aumentar o valor engadido da visita aos monumentos da túa cidade.”

Así, dende o Concello, felicitaban aos creadores, xa que “é un gran traballo pola gran potencialidad que ten esta tecnoloxía para democratizar a cultura e o coñecemento, permitindo a calquera usuario viaxar ao pasado e coñecer de maneira rigorosa a vez que divertida enclaves de especial interese histórico utilizando tan só o seu terminal móbil”.

Artigos relacionados

Back to top button