CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Verín presenta un programa de Nadal con propostas de ocio, cultural e dinamización do comercio local

Ábrese coa Feira de Nadal e coa tradicional inauguración do Belén da Viruca

Presentación do programa de Nadal do Concello de Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

Esta mañá, a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, xunto co xerente e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (Aever), Xosé Ángel Rodicio e Santos Álvarez, presentaban o programa de actividades para este Nadal. Serán, un total de trece ofertas de lecer, cultura e dinamización do comercio local deseñadas para o goce de todos os públicos, que se estenderan desde o sábado 4 de decembro ata o domingo 8 de xaneiro do 2022.

“Con estas actividades, e tras un ano marcado pola pandemia”, explicaba Emilia Somoza, “desde o executivo local queremos devolver a ilusión ás veciñas e veciños de Verín nestas datas tan especiais do Nadal”. Somoza facía tamén un chamamento cidadán á responsabilidade de todos para que se cumpran as medidas de prevención establecidas e se minimice o risco de expansión do Covid-19.

Desta forma, Nadal e Cultura únense nunha programación que arrinca este ano coa a súa Feira de Nadal, a inauguración do tradicional Belén da Viruca e tamén co acendido da iluminación da vila. “Este ano preparamos unha decoración urbana de Nadal moi especial, deseñada especialmente para que a cidadanía poida gozar das súas rúas, do comercio local e da hostalería coa súa familia e amizades”.

Terá un papel moi especial na axenda de Nadal deste ano a música e as artes escénicas. “Contaremos cun total de seis actuacións de primeiro nivel enfocadas a todos os públicos”. Para os máis pequenos da casa, Os Bolechas e os Quebranoces e Gisela – Disney Kids; e para un público máis familiar contaremos coas actuacións do Conservatorio de Música de Verín, Emilio Rúa, a Banda de Gaitas Nova Era e un concerto tributo a Il Divo da man de L´yberic Crescendo.

Ofrecerase tamén, como todos os anos, o Servizo de ludoteca “Ludonadal” dirixido a meniños e meniñas, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

Sen dúbida, o broche estrela desta edición será a Gran Cabalgata dos Reis Magos. Este ano o nenos e nenas de Verín poderán gozar dunha espectacular comparsa composta por tres magníficas carrozas con animación musical na que súas maxestades, os Reis Meigos de oriente, percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello, onde terá lugar un espectáculo familiar de vídeo proxección na fachada da casa consistorial, e unha chocolatada para todos e todas.

Actividades de Dinamización do Comercio Local

Outro dos piares fundamentais da programación de nadal serán as actividades destinadas á dinamización do comercio local organizadas pola Asociación de Comerciantes de Verín (Aever), en colaboración co Concello. Segundo explicou o seu xerente, Miguel Ángel Rodicio, «ademais da campaña anual “Os 6.000 de Verín”, organizamos dúas actividades destinadas ao público infantís como son varias xornadas de divertidos xogos inchables e pasarrúas con temática de nadal que encherán de música e cor as rúas de Verín durante todas as festas”.

Programa completo

• Do 20 de outubro ao 26 de decembro | OS 6.000 de Verín
Campaña organizada pola Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) en colaboración co Concello de Verín destinada a promover as ventas nos seus establecementos integrados, que entregarán boletos para participar nun sorteo (que terá lugar o día 30 ante notario) aos clientes que realicen compras do 20 de outubro ao 26 de decembro de 2021. O diñeiro deberá ser gastado nos locais que participen na campaña. + info: www.ccaverin.com

Desde 22 decembro ao 7 de xaneiro | LUDONADAL
Pavillón Municipal de Deportes, de luns a venres, de 10,00 horas ata as 14,00 horas, e dende as 16,00 horas ata as 20,00 horas.
Servizo de ludoteca dirixida a nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

• Do 8 de decembro ao 9 de xaneiro | BELÉN DA VIRUCA
Salón parroquial. Horario: De luns a venres: 17:00 a 20:00 horas | Festivos: 12:00 a 13:00 horas
Belén de gran tradición familiar que mostra a veciños e veciñas e visitantes escenas típicas da tradición relixiosa e elementos da actualidade galega. Un Belén que é posible grazas á dedicación desta familia e a colaboración da Uap de Verin.

• Ata o 6 de xaneiro | PASARRÚAS TEMÁTICOS
Praza da Mercé, Praza García Barbón e Praza do Concello
Pasarrúas con temática de nadal encherán de música e cor as rúas de Verín. Actividade de Dinamización do Comercio Local organizada por AEVER en colaboración co Concello de Verín.

• 27, 28, 29 E 30 de decembro | XOGOS INCHABLES
Praza da Mercé, Praza García Barbón e Praza do Concello
Actividade de Dinamización do Comercio Local organizada por AEVER en colaboración co Concello de Verín.

• 4,5,6,7 e 8 de decembro | FEIRA DE NADAL
Praza García Barbón. Horario: de 10 a 22 horas
Mercado temático con postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos e doces. A feira contará tamén con animación musical diaria e cun espazo dedicado aos máis pequenos da casa que recibirán a visita de dúas das figuras máis tradicionais do Nadal, como son o Apalpador e Papa Noel. Desde o luns 6 ao mércores 8 decembro, estará dispoñible o servizo de conciliación familiar “Ludonadal” no que os nenos e nenas poderán gozar de divertidas actividades lúdicas.

• 18 de decembro | CONCERTO CMUS DE NADAL
19:00h no Auditorio Municipal de Verín
Actuación de alumnas e alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Verín con repertorio clásico e de do Nadal. Neste concerto actuará o alumnado de todas as especialidades do conservatorio así como a Orquestra Infantil, o Coro e a Banda de Música.

• 25 de decembro | CONCERTO EMILIO RÚA
19:00 h no Auditorio Municipal de Verín. Entradas 5 euros, dispoñibles ataquilla.
Espectáculo musical de Panxoliñas revisadas e versionadas por Emilio Rúa dun xeito moi actual e moderno respectando a composición tradicional. Un concerto íntimo e entrañable especial para desfrutar e cantar en Nadal.

• 26 de decembro | OS BOLECHAS E OS QUEBRANOCES
18:00h no Auditorio Municipal de Verín. Entradas: 5 euros, dispoñibles ataquilla
Os Bolechas presentan un novo espectáculo para a toda a familia… Unha trepidante aventura chea de diversión que atrapará á cativada desde os primeiros instantes…

• 2 de xaneiro | CONCERTO DE NOVA ERA
19:00 h no Auditorio Municipal de Verín. Entradas: 3 euros, venta presencial no Auditorio de Verín
A Banda de Gaitas Nova Era é o eixe fundamental da Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei. Foi creada a finais do ano 2014 por un grupo de músicos do Val de Monterrei, que apostaron por un proxecto a nivel local para o fomento e divulgación da música galega.

O conxunto caracterízase pola combinación de tres seccións ben diferenciadas: a sección de gaitas galegas afinadas en Si bemol; a sección de percusión, que combina instrumentos da música tradicional galega, centroeuropea, latina e clásica; e a sección orquestral, formada por instrumentos de vento-metal, vento-madeira, corda e interpretación vocal.

• 5 de xaneiro | GRAN CABALGATA DOS REIS MAGOS E ESPECTÁCULO FAMILIAR DE VÍDEO PROXECCIÓN
A partir das 18:00 horas. Saída | Chegada a Praza do Concello e comezo do espectáculo familiar de vídeo proxección.
As súas maxestades, os Reis Magos de oriente percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello, onde terá lugar un espectáculo familiar de vídeo proxección na fachada da casa do concello.

• 6 de xaneiro | L´YBERIC CRESCENDO (CONCERTO TRIBUTO IL DIVO)
19:00 horas no Auditorio Municipal de Verín. Entradas: 10 euros, dispoñibles ataquilla
Grupo lírico-vocal formado por tres novos cantantes con dilatada experiencia sobre os escenarios. Composto por dous tenores e un barítono ( Nestor Martorell, Juan Ledesma e Edgar Abramian) ofrecen un espectáculo renovado con cancións que recollen desde as bandas sonoras do cinema ata as mellores baladas do rock de todos os tempos, sempre co selo lírico-sinfónico.

• 8 de xaneiro | GISELA. DISNEY KIDS
19:00 horas no Auditorio Municipal de Verín. Entradas: 10 euros, dispoñibles ataquilla
Chega a Verín un espectáculo musical para toda a familia onde Gisela, un fada máxica, carismática e con voz anxelical, introduciranos nun fantástico e apaixonada viaxe de moitas aventuras Disney.

Ensinaranos que o planeta hai que coidalo e respectalo, que o mundo mariño é un mundo inmenso e marabilloso e que non hai nada máis belo que mirar no noso interior. Todo isto conseguirao penetrándonos nas marabillosas películas de Disney máis coñecidas.

Artigos relacionados

Back to top button