Malia o frío e a ameaza de chuvia, Verín saía á rúa para ver aos participantes en La Vuelta 20 ao seu paso pola localidade no mediodía deste xoves 5 de novembro.
Non todos os días ten lugar un evento deportivo deste nivel e repercisión mediática, por iso o público esperaba expectante na rúa central da vila do Támega o paso da cabeza de carreira, con oito corredores escapados nesta 15 etapa da ronda española, a máis longa desta edición con máis de 230 quilómetros entre Mos (Pontevedra) e Puebla de Sanabria (Zamora). O pelotón chegaba minutos máis tarde.
Ademais de Verín, nesta etapa os ciclistas tamén pasaron por outras localidades ourensás como Xinzo de Limia, Riós ou a Gudiña nun sprint previo á meta.
Fotos: Carlos G. Hervella