ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Verín súmase ao paro internacional promovido polo Día da Muller

Numerosas persoas participaban neste acto, que tiña lugar no mediodía do 8 de marzo diante do Concello

 

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín e FEMURO (Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense), xunto con multitude de veciñas e veciños desta zona ourensá, veñen de sumarse ao chamado “Paro internacional das Mulleres”, promovido por diferentes movementos internacionais, no mediodía do 8 de marzo, Día da Muller.

“O Paro Internacional de Mulleres é un movemento de base formado por mulleres de máis de 40 nacións. Empezouse a xestar en outubro de 2016, cando varias mulleres polacas fóronse a folga seguindo o exemplo do Día Libre das Mulleres en Islandia, que no ano 1975 cambiou a percepción sobre as mulleres nese país e catapultouno á vangarda da loita feminista”, tal e como se informa dende o Concello de Verín.

Ademais de participar neste #8MParo, en Verín celebrarase o ciclo de Cinema “Mulleres que mudan o mundo” coa finalidade de reflexionar sobre a solidariedade entre mulleres e os dereitos acadados. O ciclo constará de dúas sesión que se proxectarán na Casa Da Cultura de Verín as 20:00 horas:

Día 7 de marzo: “Criadas e Señoras”

Día 8 de marzo: “Sufraxistas”.

 

Fotos: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button