ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Viana acolle un exitoso desfile benéfico

A Casa da Cultura acollía o espectáculo de moda promovido por Jorge Álvarez e Patricia Ares

As boas ideas adoitan ter boa acollida, sobre todo se se levan a cabo sen ánimo de lucro e cun carácter solidario. Por iso o binomio formado pola moda da tenda DePatri e o peiteado de Jorge Álvarez Estilistas foi todo un éxito.

Co fin de recadar alimentos, xoguetes e roupa para os máis necesitados (xente que o está pasando realmente mal nestas datas), os empresarios vianeses Jorge Álvarez e Patricia Ares decidían combinar esforzo e traballo dando forma a un desfie benéfico que se celebraba na tarde do 12 de decembro na Casa da Cultura de Viana do Bolo.

Co aforo practicamente completo e unha gran mesa chea de doazóns, o público asistente pudo disfrutar dun intenso desfile con ata quince modelos de festa, especialmente pensados para Fin de Ano, de Moda DePatri, con peieados e maquillaxe de Jorge Álvarez Estilistas.

Tralo desfile, os organizadores deron as grazas aos colaboradores e asistentes asegurando que “todos xuntos podemos facer un mundo máis xusto”, e desexando poder facer este tipo de actos máis a menudo “non só no Nadal”, dixo Jorge, antes de entregar ao párroco de Viana, a recadación (simbolizada nun coche de xoguete e un quilo de arroz) que será repartida a través de Cáritas.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button