ConcellosÚltima hora

Viana do Bolo acende o Nadal

Iluminación de Nadal na praza Maior de Viana do Bolo.

 

As rúas de Viana do Bolo xa lucen engalanadas para recibir ao Nadal. O Concello vianés estreaba o pasado domingo 3 de decembro a nova iluminación para estas festas 2017-2018, aproveitando a inminente chegada da ponte de decembro

Nesta ocasión a praza Maior está iluminada cunha gran árbore de luces de cor verde que se sitúa xunto ao Pilón e que chega a acadar os 8 metros de altura.

O resto de rúas contan con un gran número de arcos luminosos con estrelas e outros motivos de nadal que decoran estas datas festivas.

Por outra banda, dento da programación de Nadal o actor  Serxio Pazos actuará o vindeiro sábado 9 de decembro na Casa da Cultura de Viana do Bolo a través da ReaOU. Será ás 20h.

Artigos relacionados

Back to top button