
Entre as 18h. e as 19h. do vindeiro sábado 24 de febreiro a vila de Viana do Bolo acollerá un acto de conmemoración do Día de Rosalía de Castro. Consistirá nunha lectura pública da obra desta poetisa galega, nacida un 24 de febreiro de 1837 e falecida o 15 de xullo de 1885 en Padrón.
As persoas que se sumen a este acto, promovido polo Concello de Viana do Bolo, “recibiran un agasallo dunha flor e un libro da nosa insigne escritora nacional”, segundo indica o seu alcalde, Secundino Fernández.

Galería de fotos do acto.
https://osil.info/versos-flores-viana-homenaxear-rosalia-de-castro/