Nesta Semana Santa veñen de abrirse ao público dúas novas rutas de sendeirismo no municipio de Viana do Bolo. Trátase da Ruta do Pai Eterno, que parte do santuario deste mesmo nome e que discorre ao longo de 1o km. Nela o camiñante ten a posibilidade de visitar a árbore centenaria “Pai dos Rebolos”.
Outro novo traxecto para percorrer é a Ruta de Pinza, con 11km, e que se inicia neste mesmo pobo vianés (ao pé da igrexa) e, despois, pasa por zonas de bosques, prados, zonas agrícolas, típicas do entorno que rodea a Viana do Bolo.
“Ambas rutas contan con paneis de inicio onde se recolle a información máis destacada: mapa cartográfico, datos técnicos, así como un código QR para poder lelo en un smartphone e que permite descargar o track da ruta e seguilo no teléfono móbil”, segundo informa o alcalde vianés, Secundino Fernández.