ConcellosÚltima horaViana do Bolo

“Viana di non á violencia machista” cun amplo programa de actos

 

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, o Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a Concellería de Igualdade , ten previsto levar a cabo unha serie de actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia dirixidas a toda a poboación vianesa.

O lema deste ano será “Viana di non á violencia machista” e o programa de actos incluirá do 22 ao 26 de novembro a iniciativa Desafío- Challenge a través das Redes Sociais no que as persoas participantes deben, cada día da semana, contestar a consigna ou recomendación que se lle propón.

Por outra banda, o 22 e o 23 de novembro haberá Obradoiros de igualdade no IES Carlos Casares (sobre os mitos do amor romántico e sobre os perigos dun mal uso de internet e Redes Sociais). Despois, o 24 de novembro está previsto un Obradoiro para nenos/as de 6 a 12 anos, na Biblioteca Municipal. “Que é a igualdade?? E o bo trato?? Practican @s nos@s participantes o “bo trato” cos/as compañeir@s? Abordaremos estas e outras cuestións nun obradoiro educativo e moi divertido… (Con inscrición previa no CIM)”, adiantan dende a organización.

 

 

Xa o propio 25 de novembro, pola mañá, terá lugar unha manifestación e lectura dun manifesto contra a violencia machista , mesa informativa, photocall. Pola tarde: farase unha performance (unha pequena posta en escena participativa para visibilizar e recordar as vítimas mortais de violencia de xénero do 2021) (Con inscrición previa no CIM).

Finalmente, o 28 de novembro desenvolverase unha andaina baixo o lema “Viana di non á violencia machista!”, con reparto de mochilas e avituallamento para os participantes.

Estas actividades son promovidas dende o Concello de Viana do Bolo a través do CIM.

Artigos relacionados

Back to top button