En portadaÚltima horaVídeos

Viana do Bolo honra á Virxe da Asunción

 

O son da Banda de gaitas de Viana do Bolo percorría na mañá deste 15 de agosto as rúas da vila. Nesta xornada os vianeses celebran un dos días grandes das súas festas patronais: o da Virxe da Asunción, novamente sen procesión. Unha misa cantada na súa honra celebrábase na igrexa parroquial ás 12:30h.

Esta era tamén unha data moi especial para Iker, un neno que durante esta celebración relixiosa recibía o seu bautismo e facía a primeira comunión, acompañado pola súa familia.

 

 

Serán novamente unhas festas patronais atípicas, debido á situación sanitaria, e nas que o Concello de Viana decidía “a suspensión das actividades nas que non podemos controlar o aforo, nin garantir que se cumpran as recomendacións sanitarias ditadas pola Xunta de Galicia”. Era o caso da actuación da Banda de Candea, prevista inicialmente para este domingo.

Mañá Viana celebrará o San Roque e está prevista unha misa ás 12h.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button