Neste 18 de xaneiro Viana do Bolo rexistra un total de 76 casos activos de Covid, o que supón 2 máis que onte, segundo os datos facilitados ao Concello dende o Servizo Galego de Saúde.
Dende o Concello de Viana sinálase que “a pesares da baixada de casos nos últimos días, a cifra segue a ser moi alta, polo que, recordamos á veciños e veciñas a obriga de manter e respectar as normas e medidas sanitarias”. Ademais lémbrase que está previsto para o xoves un cribado comarcal na Casa da Cultura de Viana ao que “só deben asistir as persoas que se anoten previamente na páxina do Sergas”.