En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Viana do Bolo vibra cos cantos de taberna

Nove grupos percorrían e tocaban en preto de vinte bares desta vila na noite do 29 de decembro

A tarde e noite do 29 de decembro en Viana do Bolo estaba marcada pola música tradicional. Un total de nove grupo enchían de ritmo preto de 20 bares desta vila no marco dos II Cantos de Taberna, organizado polo Concello. Algúns eran da propia Viana, pero outros chegaban de diferentes puntos da xeografía galega (Trives, Manzaneda, A Rúa, Cangas do Morrazo, etc.).

Así, nesta edición actuaban Tomalleoutra, Ouruxobruxo, As Macizas Centrais, Asociación Cultural Candea, Comando Morraso, Os Bertolini, Os Tabernícolas, Charanga Alegría e Os Chavalines.

O programa comezaba en torno ás sete e media, momento no que as agrupacións comezaban o seu circuíto polos locais nun ambiente festivo. Establecíanse tres rutas diferentes, dúas delas con 6 bares e outra con cinco. A partires das once da noite, e tras completar o seu traxecto polos establecementos de hostalaría, os grupos reuníanse, sen deixar de tocar, na praza Maior para rematar a festa.

Fotos cedidas.

As Macizas Centrais de Trives, antes de iniciar os Cantos, na praza Maior de Viana.

 

Unha das actuacións nos bares.

Artigos relacionados

Back to top button