Aínda que levan con actividades dende o venres (teatro, xornadas de folclore, música,…) e hoxe cando Viana do Bolo vive un dos días grandes das súas festas patronais.

Ás 12:30h. deste martes 15 de agosto, festividade da Asunción, a imaxe da Virxe e tamén a de San Roque (xunto a varios estandartes) saían en procesión polas rúas de Viana, acompañada por numerosas persoas e ao son da Banda de Música Candea. Ao remate oficiábase a misa solemne na igrexa, cantada polo coro parroquial e presidida polo párroco Ignacio Lindoso.

De seguido tiña lugar a sesión vermú a cargo da banda Candea, con moita animación tanto na praza coma nos locais de hostalaría vianeses e pola tarde, a partir das nove e media terá lugar o espectáculo musical “En Vivo” con Laura Añón, Federato e Ángel Sevilla na praza Maior. Xa de madrugada a verbena correrá por conta da orquestra Funçao Pública que actuará na explanada diante do pavillón municipal debido ás dimensións do escenario.


Mañá tocaralle o turno a San Roque, con procesión e misa ás 12:30 horas coa Banda de Xinzo; e baile coa orquestra Cinema.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.



