CulturaCulturaEducaciónEntroido 2022Última hora

‘Viana no Camiño’ lema do Entroido no CEIP Bibei

 

Coincidindo co segundo Ano Xacobeo, neste 2022 o CEIP Bibei de Viana do Bolo está inmerso nun proxecto sobre o Camiño de Santiago titulado ‘Viana no Camiño’, co que están a facer por etapas unha parte da Vía da Prata, dende Ourense ata Compostela.

 

 

E ese foi tamén o lema do Entroido celebrado este ano con elaborados disfraces en torno á ruta xacobea. Dende chamativos ‘Pelegrins’ ata templarios, campesiños ou peregrinos coa tradicional capa e sombreiro, sen esquecer o folión cos Boteiros. Figuras que encabezabas o desfile polo patio e algunhas rúas de Viana do Bolo na mañá do Xoves de Comadres.

Fotos: CEIP Bibei

Artigos relacionados

Back to top button