ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana presenta un completo programa de actividades de verán, que inclúe un concerto de Carlos Núñez

O gaiteiro Carlos Núñez, tocando xunto a un Boteiro, no pasado Entroido vianés./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello de Viana do Bolo vén de presentarse a programacíón de actividades de lecer que ten organizadas para este verán 2022. Entre as propostas figuran “actividades lúdicas, culturais, festivas e deportivas para tódolos públicos e para tódalas idades, ademais de actividades de conciliación como a Ludoteca e o Campamento de Verán”, destacan dende o Concello.

Tamén haberá actos pensados “por e para as nosas mulleres”, como a proxección do documental “Pegadas” e o proxecto “Cre, crea, crece” polos aldeas de Viana..

Un apartado especial será o dos actos incluídos nas Festas Patronais de Viana, entre os que se inclúen as Xornadas de Folclore, actuacións de Bandas de Música e Gaitas, orquestras, concertos,… e moitas actividades para o goce da veciñanza vianesa.

Outro referente do programa será a actuación do gaiteiro Carlos Núñez, que tocará o vindeiro 3 de setembro, en Viana.

Por último, destácase o papel relevante que “o deporte toma novamente na nosa programación. Eventos de importante calado a nivel nacional e autonómico coma: o Campus do Atlético de Madrid. Tamén eventos máis “amateur”, pero igual de divertidos e coma o alquiler de Kaiaks, tirolina na piscina, Campus deportivo “Vila de Viana” (organizado por Pinchacarneira)”, etc.

As actividades poden consultarse ao detalle no seguinte cartel, cuxa fotografía foi realizada por Clara Ortega Fernández.

 

Artigos relacionados

Back to top button