En portadaÚltima hora

Viana rememora o seu pasado coa VI Romaría de Época do 28 de agosto ao 1 de setembro

Esta iniciativa, promovida pola Asociación do Cabo da Vila incluirá actividades culturais, visitas guiadas, festa e un xantar popular

Gastronomía, proxeccións, visitas guiadas, música… Viana do Bolo regresará a finais de agosto ao pasado da man da VI Romería de Época, unha cita promovida pola Asociación Cabo da Vila en colaboración co Concello.

O programa comezará na noite do 28 de agosto coa proxección dun video documental con fotos antigas da zona do Cabo da Vila nos soportais do Concello ás 22h. Para o mércores 29 de agosto está prevista unha “Ruta Gastro-Cultural” ás 20:45h. “É unha forma diferente e única de percorrer o Cabo da Vila”, din os seus organizadores. A asistencia é limitada a 30 persoas e as entradas (a 3 euros) poden adquirirse no concello (CIM). Ademais o xoves día 30 ás 20:45h. terán lugar unhas “Xornadas de Portas Abertas no Castelo”, con visitas guiadas e gratuítas cun horario de 12 a 14h. e de 17 a 21h.

O venres 31 de agosto poderá asistirse a un baile verbena pre-romaría na praza do Cabo da Vila a partires das 22h. Tamén haberá inchables ás 21:30h. Finalmente o sábado 1 de setembro será o día grande desta VI Romaría de Época. Ás 13:30h. haberá un pasarrúas a cargo dos gaiteiros “Os Chavalines”, que despois ofrecerán unha sesión vermú. E xa ás 14:30h. servirase o xantar da romaría, no que será imprescindible acudir vestido de época. O menú incluirá empanada, arroz á galega, café, chupito, auga e viño. O prezo da entrada será de 6 euros para os nenos (de 8 a 10 anos) e de 12 euros para os maiores (dende os 11 anos). Tras o xantar haberá inchables, concurso de tute, ra e parchís (gratuítos).

Artigos relacionados

Back to top button