ConcellosÚltima hora

Viana reunirá fondos para a Mascarada Ibérica a través dun rastrillo

Terá lugar na tarde do 14 de decembro no pavillón polideportivo desta vila

 

O vindeiro 14 de decembro o pavillón polideportivo de Viana do Bolo convertirase no escenario dun mercadiño. Entre as 16h. e as 20h. organizarase nestas instalacións un rastrillo no que o total do recaudado será destinado a financiar a organización da vindeira Mascara Ibérica, prevista para o mes de xaneiro.

As persoas interesas en colaborar poden facelo de diversas maneiras: doando cousas, axudando a vender, elaborando tartas, mercando produtos ou simplemente participando.

No rastrillo poderán atoparse multitude de produtos de segunda man (doados polos veciños) como roupa, mobles, bisutería, cerámica… Tamén haberá taras artesanais. Ofrecerase ademais unha chocolatada gratis para os presentes.

 

Artigos relacionados

Back to top button