ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Viaxe cultural a Lisboa de alumnos do IES Cosme López da Rúa

Ata o vindeiro sábado un grupo de estudantes de 1º de Bacharelato deste centro valdeorrés percorrerán a capital portuguesa

Un grupo de 18 alumnos de 1º de Bacharelato do IES Cosme López de A Rúa realizará ata o vindeiro sábado unha viaxe cultural a Lisboa (Portugal). Durante a actividade, iniciada o pasado mércores (27 de marzo), visitaron o Parque das Naçoes e o Oceanario, e ademais fixeron un percorrido pola costa de Lisboa, ata Sintra, onde coñeceron o Pazo de Pena e o Pazo Nacional.

Teñen previsto tamén facer unha visita panorámica da cidade, antes de visitar o Mosteiro dos Jerónimos a Torre de Belém, a Catedral e o Castelo de San Jorge, así como pasear polos seus lugares máis emblemáticos: o Mirador de Santa Lucía, a praza do Rossio, o barrio de Chiado, a cafetería A Brasileira ou a praza do Comercio, entre outros. Xa de volta, pararán en Coímbra para disfrutar da cidade e visitar a súa Universidade.

O grupo conta para esta actividade extraescolar con tres profesores, Víctor Porto, Lucas Fernández e María Núñez, e con unha guía que o acompaña para coñecer os lugares máis representativos de Lisboa e da súa costa.

Fotos cedidas polo IES Cosme López da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button