ConcellosÚltima hora

Viaxe en catamarán ás Illas Cíes con anécdota para un cento de valdeorreses

Facían a travesía entre Vigo e Cíes cando a pasaxe do barco tivo que ser evacuada por unha avaría

O catamarán tras chegar a porto./ Cedida.

 

O que ía ser unha travesía cara as Illas Cíes para un cento de valdeorreses convertíase nunha anécdota que contar ao seu regreso á comarca. Así onte, domingo, un grupo de 93 persoas que participaban nunha viaxe organizada pola axencia B. de Viaje do Barco, subíanse sobre as 11h. ao catamarán da anivera Mar de Ons no porto de Vigo e, no medio da viaxe pola ría, o motor comezaba a botar fume. A rápida reacción da tripulación permitiu que a situación se solventase sen problemas, nin ningún tipo de nerviosismo entre a pasaxe.

Iniciouse o retorno ao porto e, dende alí, os pasaxeiros, entre eles os valdeorreses, foron recolocados noutro barco para iniciar de novo a viaxe ás Cíes.

Artigos relacionados

Back to top button