PolíticaÚltima hora

Victoria Núñez, presidenta da xunta xestora do PP na cidade de Ourense

Así se acordaba na xunta directiva provincial do partido celebrada esta tarde

 

A xunta directiva provincial do Partido Popular de Ourense designou esta tarde por unanimidade unha xunta xestora no PP da cidade, como consecuencia da renuncia do que era ata o de agora o presidente local, Manuel Cabezas. Na reunión celebrada este luns na sede dos populares en Ourense, que contou coa presenza do presidente do PPdeG, Alfonso Rueda; a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; e o presidente provincial, Manuel Baltar; o primeiro punto da orde do día foi a designación desta xestora, que terá como presidenta a Victoria Núñez, que na actualidade exerce como xefa territorial da Vicepresidencia 2ª e Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Así mesmo, formarán parte como vogais da xestora Elena Rivo, responsable de Emprego e Igualdade no Goberno galego; Marisol Díaz Mouteira, vicevoceira 3ª no Parlamento de Galicia; a senadora Rosa Sánchez Gándara; Manuel Alexandre Novoa, presidente de Novas Xeracións na cidade; os ex concelleiros Mario Guede e Eugenia Díaz Abella; Álvaro Cid Bragado, director do colexio Divino Maestro; José Estévez, ex presidente das NNXX da cidade; e Ana Muñoz, directora do centro de ensinanza Epapu de Ourense.

Ademais, serán membros natos da xestora os concelleiros do grupo municipal afiliados á formación: Ana Méndez, Jorge Pumar, Noelia Pérez, Inma Moreiras, Miguel Ángel Michinel e Sonia Ogando.

Este órgano estará vixente ata que teña lugar a celebración dun congreso e se designe un novo presidente local.

Integrantes da Xunta Directiva Autonómica do PPdeG

Como segundo punto da orde do día, designouse aos membros que representarán á Xunta Directiva Provincial na Xunta Directiva Autonómica do PPdeG. En concreto, estarán integrados neste órgano María del Carmen González, María Teresa Barge, María del Carmen Yáñez, Mario Rodríguez, César Enríquez “Cachín”, Patricia Torres e Xosé Miguel Pérez “Chemi”.

Victoria Núñez López (Ourense, 1975)

Licenciada en Dereito pola Universidade CEU San Pablo, ingresou como funcionaria de carreira no Corpo Superior de Administración Xeral da Xunta de Galicia en 2003. Ocupou distintos cargos de responsabilidade na Xunta de Galiciadesde o 2003 ata a actualidade, que exerce de xefa territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Artigos relacionados

Back to top button