CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

Victoria Romero Ortiz (Colexio Divina Pastora O Barco) gaña un dos premios do concurso nacional “Una constitución para todos”

A barquense, que vencía na modalidade de ESO e EF Básica, recollerá o galardón o xoves 26 de xaneiro en Madrid

Victoria Romero Ortiz./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Constitución Española, en vigor desde o 29 de decembro de 1978, é a norma fundamental á que están suxeitos os poderes públicos e a cidadanía española. Garante un Estado social e democrático de dereito que propugna como valores superiores do ordenamento xurídico a “liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político”.

Por iso, en recoñecemento a centros docentes españois que imparten ensinos non universitarios do sistema educativo, cuxos alumnos desenvolven traballos acerca da Constitución Española, o Ministerio de Educación e Formación Profesional, mediante Resolución do 22 de agosto de 2022 da Secretaría de Estado de Educación convoca dende hai uns anos o Concurso Nacional “Unha Constitución para todos”, co ánimo de estimular e promover nos alumnos a reflexión acerca do valor e a importancia da Carta Magna.

Un dos centros que participaban na edicicón deste ano do concurso era o Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras, resultando unha das súas alumnas de 4º vencedora na modalidade C (ESO e FP Básica). As outras modalidades eran: A (1º a 3º de Educación Primaria); B (4º a 6º de Educación Primaria) e D (Bacharelato, FP de Grado Medio e Superior).

 

Victoria ten 15 anos e cursa 4º da ESO./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ao concurso podían presentarse relatos ou poesías, valorando entre outros criterios a inspiración nos valores base da Constitución; a precisión sintática e ortográfica; ou a orixinalidade e creatividade da peza. Puntos que Victoria tivo en conta á hora de preparar o seu traballlo gañador, en forma de verso, aínda que o formato que a ela máis lle gusta e o debuxo. De feito, cunha postal ganou xa nunha ocasión o Concurso da Constitución convocado pola Subdelegación do Goberno en Ourense.

“Nesta ocasión decanteime pola poesía porque presentei varios relatos a concursos convocados polo propio colexio e como non foron seleccionados, decidín probar cun poema”, explica a propia Victoria que viaxará ata Madrid o vindeiro xoves 26 de xaneiro, para recoller o seu premio nun acto que se celebrará no Congreso dos Diputados ás 13:30 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button