OurenseÚltima hora

VII FITO, do 2 ao 18 de outubro

Trece compañías participarán no Festival Internacional de Teatro de Ourense
Ánxeles Cuña e Ana Garrido, na presentación do VII FITO.
Ánxeles Cuña e Ana Garrido, na presentación do VII FITO.

Na mañá do venres 26 de setembro, o salón de plenos do Concello de Ourense acollía a presentación da VII edición do FITO, organizado por Sarabela Teatro, que se desenvolverá na cidade das Burgas entre o xoves día 2 e o sábado día 17 de outubro.

O acto, no que se daba a coñecer o programa, estiveron presentes a concelleira de Cultura e Educación de Ourense, Ana Garrido; a directora do festival Ánxeles Cuña; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; o vicerreitor do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; a directora do Teatro Principal de Ourense, Olga Mojón; e o asesor cultural da Deputación ourensá, César Gil.

Entre as trece compañías que actuarán durante o festival de teatro, catro galegas amosarán os seus espectáculos: Matarile, que escenificará “Homes bisagra” e “Teatro Invisible”; Aporía, que representará “30 e tantos ósos”; Chévere, con “Ultranoite no país dos ananos” e Voadora con “A Tempestade”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button