CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

VII Xornadas Martín Sarmiento en Vilafranca do Bierzo

Nelas participaban máis de máis de mil escolares que estudan lingua e cultura galegas no Bierzo e en Sanabria
Un dos momentos das Xornadas Martín Sarmiento, no Bierzo.
Un dos momentos das Xornadas Martín Sarmiento, no Bierzo.

Baixo o título “A riqueza da outra mirada: costumes, viaxes e paisaxes bercianas” comezaban o 8 de marzo en Vilafranca do Bierzo as VII Xornadas Martín Sarmiento. Principiaban cun encontro no que participaban os colectivos culturais de Vilafranca e do Bierzo e continuaban ao longo do día 9 de marzo cunha primeira sesión de intercambio escolar celebrada no Teatro Vilafranquino e que arrancou coa exposición dos traballos de secundaria “Riqueza da outra mirada”. Nela estaba presente o alumnado dos IES que participan no Programa de Secundaria (os IES Padre Sarmiento de Vilafranca, Bergidum Flavium de Cacabelos e Europa e mais Virgen de la Encina de Ponferrada), así como os estudantes de galego da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada. Á apertura seguiuna a actividade “Sarmiento e a lingua”, da man do dinamizador lingüístico e cultural Brais Fernándes, destinada tamén ao alumnado de secundaria.

Xa nos intercambios de primaria presentouse a iniciativa dos concursos escolares “En galego no Bierzo con Martín Sarmiento” e a actividade “A cantar con María Fumaça e Rosalía”, a cargo de Uxía, na que participou alumnado de trece centros educativos de primaria da comunidade castelá-leonesa localizados en Vilafranca, Cacabelos, Ponferrada, Camponaraia e Zamora. A sesión do 9 de maio contaba coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

As xornadas rematarán o vindeiro 1 de maio coa entrega de premios dos concursos “En galego no Bierzo como Sarmiento”. Na organización destas xornadas a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Comisión Cultural Martín Sarmiento.

Artigos relacionados

Back to top button