CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

VIII Festa Ibiza en Rubiá

Tiña como escenario as piscinas municipais de Rubiá e contaba coa participación de cinco Dj’s valdeorreses

Centos de persoas desfrutaban na tarde e na noite do 27 de xullo da VIII Festa Ibiza de Rubiá, celebrada nas súas piscinas municipais. A música comezaba a soar a partires das tres da tarde nunha primeira sesión de Dj’s que se prolongaba ata as 23h, aínda que a entrada de acceso ao recinto da festa (de 2 euros e con forma de pulseira) non empezaba a cobrarse ata as nove da noite.

Nesta primeira sesión participaban Óscar Yáñez, Diego García, David de la Rúa, Guille Dj e Marcos Saturio. Ademais estes Dj’s poñíanse de novo en marcha cun segundo pase, a partires das 23h., coa posta en marcha xa das proxección nas dúas pantallas instaladas para a ocasión.

“Somos unha festa, non un festival”, matiza Pablo Prada (membro da organización xunto con Sabino Guitián, Óscar Yáñez e Saúl Vales), “é unha festa de Dj’s locais para xente de Valdeorras, principalmente, aínda que tamén vén xente de fóra. Está todo feito case de maneira artesanal xa que, por exemplo, a montaxe das pantallas fixémolas nós con materiais que se aportaron dende Maderas Manuel Núñez. E ademais montámola en colaboración cos rapaces do pobo. Está pensada como unha festa do pobo, para o pobo”.

O recinto desta VIII Festa Ibiza de Rubiá estaba organizado en varias apartados, nas que tiñan ademais presenza de seu algúns dos colaboradores deste evento. Así había unha zona relax, nas que por 5 euros podían recibirse masaxes, a zona de bar, outra de cócteis, outro espazo de ventas e un lugar no que se realizaban caricaturas.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button