En portadaÚltima hora

Vilamartín celebrará o 5 de outubro a “I Festa da Vendima de Valdeorras”

Incluirá diversas actividades tradicionais ligadas co viñedo e un xantar popular

Labores de vendima./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Con multitude de actividades desenvolverase o vindeiro 5 de outubro a I Festa da Vendima de Valdeorras en Vilamartín, unha vila marcada pola súa tradición vititivinícola. A celebración porase en marcha a partires das 12h. no pavillón de deportes vilamartinés. Nel poderán volver a verse actividades case esquecidas polas xeracións máis novas como a pisa de uvas, a enxerta tradicional ou o transporte tradicional de uvas en carros de bois.

Ademais no pavillón instalaranse postos de artesanía e lembranzas e tampouco faltarán as atraccións infantís, pensadas para os máis pequenos. A mañá estará ademais animada polo ritmo da Charanga Louband.

Esta primeira edición da Festa da Vendima de Valdeorras tamén terá pregoeiro. Será o historiador valdeorrés Antonio Castro Voces, quen se dirixirá aos presentes na celebración a partires das 14h.

Despois do pregón, arredor das 14:30h., poderá desfrutarse dun xantar popular. A festa continuará pola tarde con máis actividades e tamén coa actuación de Disco Móbil Stuu. Esta I Festa da Vendima será organizada pola Asociación de Veciños de Vilamartín en colaboración co Concello, coa Deputación de Ourense e co Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Máis información na edición en papel de outubro do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button