CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Vilamartín dá a benvida ao Nadal coa decoración dunha grande árbore na entrada da localidade

A iluminación acendíanse na tarde-noite do martes 19 de decembro

Dun xeito moi especial inauguraban este ano as festas de Nadal no concello de Vilamartín de Valdeorras. Nin máis nin menos que coa decoración dunha grande árbore na entrada da vila.

Os panos da Festa das Covas cedidos polos coveiros, zapatillas de Calzados Adrián, bolas de cores de Mercachina (A Portela),… Son algúns dos elementos cos que na tarde do 19 de decembro, se procedía á decoración. Unha actividade organizada polo Concello no que tamén colaboraron: veciños, Protección Civil, os operarios do Concello, a perruqueira Ana María Rodríguez que cedeu un peine xigante, o colexio Xosé Manuel Folla Respino e Asfaval.

O primeiro en colocarse foron as luces (tamén están iluminados os farois da rúa principal e outras árbores máis pequenas) e despois, pouco a pouco, os operarios foron colocando o resto de elementos ata conseguir unha chamativa decoración que poden ver, non só os veciños de Vilamartín, senón todos os que pasan pola N-120, a estrada que atravesa a comarca de Valdeorras.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as dúas primeiras da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button