ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilamartín de Valdeorras prepárase para unha nova edición do VilaNadal

O Campamento de Nadal desenvolverase do 23 de decembro de 2024 ao 3 de xaneiro de 2025

Foto: Facebook Ocio Y Deporte Valdeorras.

 

Un ano máis, o Campamento VilaNadal será a iniciativa navideña para os máis pequenos no concello de Vilamartín de Valdeorras.

Dende o 23 de decembro de 2024 ata o 3 de xaneiro de 2025 celebrarase no Pavillón Municipal do Bañadoiro, en horario de 10 a 14 horas, o Winter Camp ’24 que contará con todo tipo de actividades navideñas, veladas, scape room, paintball, hinchábeis xigantes, humor amarelo, camas elásticas, fut burbullas, karts a pedais e moitas outras cousas, “mantendo toda a esencia dos nosos campamentos de sempre”, indican dende a organización.

O campamento está pensado para cativos de 4 a 14 anos e as prazas son limitadas.

 

Artigos relacionados

Back to top button