ConcellosEntroido 2024Galerías de fotosÚltima horaVídeosVilamartín

Vilamartín de Valdeorras vibra ao ritmo de dez folións

 

Na tarde deste sábado 3 de febreiro Vilamartín de Valdeorras abría o Entroido co desfile de folións organizado polos Viticultores, que percorría a vila ao ritmo de bombos, aixadas e cornas, dende a Rodeleira ata a praza José Luis Núñez.

 

 

Tal como estaba previsto era o permiso e o pregón o que marcaba o inicio do desfile, diante do cruceiro e a partir de aí comezaba o desfile, cos afitrións, o Folión Os Viticultores en cabeza. De seguido saía o de Sobrado (Trives) e despois, Os Arrieiros de Petín, O Irrio de Caldelas, Carracedo da Serra, As Maceiras de Trives, O Tameirón, O Folión de Petín, Chandrexa de Queixa e por último A Caniceira (Trives).

 

 

Tralo longo percorrido ata a praza, os folións volven reunirse no pavillón de O Bañadoiro para asistir á VI Festa das Sopas de Allo.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button