ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Vilamartín despide o Nadal coa recepción dos Reis Magos

As Súas Maxestades foron recibidas polos cativos da vila no Centro Sociocultural Santa Lucía

Na tarde de hoxe, 5 de xaneiro, sucederanse as Cabalgatas de Reis polas rúas das diferentes localidades pero en Vilamartín de Valdeorras anticipábanse a todos e celebraban a súa particular “Recepción Real” durante a mañá.

Primeiro, os Reis Magos visitaban a gardería, despois a residencia da terceira idade e finalmente o Centro Sociocultural Santa Lucía onde eran recibidos polos cativos. Así poñían o broche de ouro ao Vilanadal 2016 organizado dende o Concello de Vilamartín e Valdeocio, dúas semanas de xogos e actividades lúdicas (pintacaras, chapas, karaoke, obradoiro de postais,… ) no pavillón do Bañadoiro no que participou unha media diaria de 30 cativos.

Este ano Vilamartín tamén celebraba a andaina do Silvestrín con badaladas e uvas incluídas na mañá do 31 de decembro, unha forma diferente de despedir o ano.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button