ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Vilamartín honra a San Jorge no día grande das festas patronais

A charanga Nova Terras de Trives puxo a nota musical ao acto central da xornada do 23 de abril

Despois dunha intensa fin de semana con música en directo, probas deportivas e mesmo teatro, as festas de San Jorge, patrón de Vilamartín de Valdeorras chegaban hoxe, 23 de abril, ao día grande. E facíano xa pola mañá co pasarrúas da charanga Nova Terras de Trives que foi tamén a encargada de acompañar musicalmente á procesión coa imaxe do santo polas rúas do pobo. De seguido tiña lugar a eucaristía na igrexa parroquial e a sesión vermú na praza amenizada pola charanga trivesa.

O broche a catro días de festas poráo a orquestra Marbella que actuará en sesión de tarde.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button