ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Vilamartín pecha as festas patronais coa procesión na honra a San Xurxo e a orquestra Montreal

 

Depois dunha intensa e animada fin de semana e tras a paréntese de onte, as festas patronais de Vilamartín de Valdeorras baixan o pano neste martes 23 de abril. E fano precisamente o día de San Xurxo, santo ao que se adican os festexos, coindicindo co Día do Libro e festivo local, cun dos actos centrais do programa: a procesión.

 

 

Así, ás 12 horas saía a comitiva da igrexa parroquial, encabezada polo párroco Javier Calvo e o sacerdote Cristopher José Vásquez e a charanga Río Leira que tamén amenizaba a sesión vermú. Percorrendo boa parte do pobo, os veciños acompañaron ás catro imaxes (San Xurxo, a Virxe, o neno Xesús e a Virxe nena) levadas por homes e mulleres.

 

 

As Festas de San Xurxo 2024 rematarán pola tarde coa actuación da orquestra Montreal en sesión continua (de 19 a 22 horas).

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button