ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilamartín retoma as actividades previstas para o Nadal

O Concello tomaba esta decisión tras coñecerse un erro no rexistro de casos Covid, que contabilizara en Vilamartín os positivos de Vilamarín (24 fronte aos 11 reais)

Obradoiro nunha edición anterior do Vilanadal. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na xornada deste luns 20 de decembro o Concello Vilamartín de Valdeoras comunicaba que esta fin de semana houbera un erro no reconto dos datos do Covid “e contabilizaron o noso concello cos datos do Concello de Vilamarín”, indicándose un aumento de 11 a 24 positivos que non era real, polo que decidían retomar as actividades previstas para este Nadal, entre as que destaca o Vilanadal.

Así, previsiblemente, o programa lúdico centrado nos máis pequenos, celebrarase no pavillón municipal do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, en horario de mañá, con talleres, xogos populares, castelo inchable, Papá Noel,…

 

Artigos relacionados

Back to top button