A música protagonizará a celebración das Letras Galegas deste 2024 en Vilariño de Conso. A praza da vila acollerá o vindeiro 19 de maio a partir das 17h. un festival de música tradicional no que participarán oito agrupacións, entre elas a Banda de Gaitas de Vilariño de Conso.
No caso de chuvia, as actuacións trasladaríanse ao polideportivo municipal. A iniciativa está organizada pola Asociación Música e Cultura de Galicia e polo Concello de Vilariño de Conso.