ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Vilariño de Conso protagoniza varias historias do libro ‘Os contos do avó’ de Justo Calviño

A obra era presentada no bar Foliada desta localidade na tarde do 15 de outubro

 

Da man da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, o bar Foliada de Vilariño de Conso acollía na tarde do 15 de outubro a presentación do libro ‘Os contos do avó’ de Justo Calviño Cruz. Un acto que contaba coa presenza de numeroso público para arroupar a presentación desta obra literaria que dedica varios dos 12 contos a Vilariño de Conso e os seus arredores.

Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, foi a encargada de presentar ao escritor do libro. Na súa intervención, a rexedora destacou o traballo realizado por Justo Calviño para “recoller neste libro unha parte da tradición oral do concello, así como diversas localizacións e persoeiros emblemáticos do mesmo”.

Justo Calviño destacou pola súa banda a “rica historia que teñen as terras de Conso e as numerosas lendas e contos que aquí se manteñen grazas á tradición oral”, facendo tamén referencia á relación existente entre a súa localidade de residencia habitual, San Lourenzo de Piñor (Barbadás) e Vilariño de Conso. “Serían os señores do Val do Conso os que favorecerían a construción do Pazo de Piñor, edificio de gran importancia na historia do concello de Barbadás”, dixo.

Durante a celebración do acto, membros da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia interpretaron varias pezas musicais.

Fotos: José Manuel Dopazo

Artigos relacionados

Back to top button