
En Vilariño (O Barco de Valdeorras) está xa todo preparado para celebrar esta fin de semana as festas na honra ao Anxo da Garda, tamén coñecido como “Anxelino”, as máis importantes e coñecidas neste pobo.
Campionatos de naipes, cultos, música e ata inchábeis, son algúns dos ingredientes cos que a asociación de veciños cociñou o programa previsto para os días 15 e 16 de febreiro. O venres día 14 a partir das 22h. arrancará o campionato de tute, pero non será ata o sábado cando comece a festa propiamente dita. Para as 13h. está prevista a misa solemne despois da procesión, que dende a organización aseguran “será moi especial con dous convidados moi queridos en Valdeorras”, din dende a Asociación de Veciños de Vilariño, asegurando que haberá máis sorpresas. A sesión vermú do sábado estará amenizada polo DÚO Estrellas. Xa pola tarde, a partires das 17h. continuará o campionato de tute e ás 17:30h. e tamén haberá inchábeis gratuítos para os cativos de 16:30 a 19;30h. O baile, en sesión de tarde e verbena correrá tamén por conta do DÚO Estrellas.
O domingo día 16 haberá de novo misa solemne e procesión ás 13h. seguida da sesión vermú a cargo do dúo La Hora Bruja, que será tamén o encargado de amenizar o baile en sesión continua (sen verbena) a partires das 18h.
Haberá unha carpa pechada por fixese frío ou chovese.