En portadaÚltima hora

Vilela (A Rúa) horna a San Brais cunha misa ao aire libre

Na mañá deste 3 de febreiro celebrábase unha eucaristía na súa honra no exterior da capela

 

Aínda que sen procesión nin pasarrúas, a localidade ruesa de Vilela mantense fiel ao San Brais, avogado das dores de gorxa, e tras un ano sen cultos por culpa da pandemia, na mañá deste xoves 3 de febreiro, celebraba unha misa na súa honra.

 

Misa do San Brais en Vilela.

 

Mantendo as medidas sanitarias de prevención polo Covid, ás 12:30 horas comezaba a eucaristía no exterior da capela (para manter a distancia social), presidida polo sacerdote Severino Pérez, quen malia levar anos xubilado, non quixo perder a ocasión de predicar nesta solemne celebración.

 

Imaxe de San Brais que se conserva na capela de Vilela.

 

Xunto ao apartado relixioso, a festa de San Brais en Vilela adoita incluír un xantar popular a base de callos (Callada do San Brais) que quedaba en suspenso xa dende o ano pasado, por culpa da pandemia.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button