En portadaÚltima hora

Vincúlase un novo positivo ao brote de Covid da Rúa

Así mesmo Sanidade informa dun novo brote en Verín con tres casos

 

A Consellería de Sanidade confirma que o brote detectado na Rúa ascende a 10 afectados, cun caso positivo máis, un home de 43 anos.

Así mesmo, infórmase dun novo brote en Verín con tres casos. Trátase de tres mozos de 27, 22 e 26 anos.

Por outra banda, o brote da Mariñamansa elévase a 31 persoas coa detección dun caso máis, unha muller de 75 anos.

Ademais o brote familiar de Riós (+ Castrelo do Val) ascende a 13 afectados, con 2 positivos máis: un home de 60 anos e un menor.

En todos estes casos “continúa activo o seguimento dos contactos estreitos”, indica Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button