
Ata o punto da estrada autonómica LU-651 onde onte se producía un derrubamento, que cortaba a vía, desprazábanse esta mañá a alcaldesa de Folgoso, Lola Castro, xunto con técnicos e persoal da Xunta que supervisan esta estrada “para dar unha solución o antes posible para poder restablecer a normalidade”.
Desde o Concello de Folgoso do Courel recordan a necesidade de empregar estradas alternativas, como a de Vidallón. Tamén se indica que se están a “facer xestións con Telefónica para buscar solucións e poder pasar a fibra e solventar os problemas que o incidente puidera provocar nas liñas”.