OurenseÚltima hora

Visita didáctica á Praza de Abastos nº1 para coñecer os produtos lácteos

Os nenos que participan nas actividades de verán da Aula da Natureza acoden a unha charla sobre os beneficios destes produtos
O grupo dos nenos, sentados nas escadas de acceso á Praza de Abastos que visitaron esta mañá.
O grupo dos nenos, sentados nas escadas de acceso á Praza de Abastos que visitaron esta mañá.

A Praza de Abastos nº1 de Ourense recibiu hoxe a visita dun grupo de rapaces que se achegaron a estas instalacións para coñecer de primeira man os beneficios dos produtos lácteos. D’Vaca e a súa responsable, María López, impartiron unha charla dentro das actividades de verán que se desenvolven na Aula da Natureza co obxectivo de pór en valor os produtos lácteos galegos.

Durante a visita, os nenos descubriron o proceso de produción do leite e os beneficios dos derivados. López, pola súa banda, explicou o proceso de recuperación que o mercado está a levar a cabo sobre a comercialización dalgúns produtos desaparecidos, como o leite mazado, a manteca ou a mantequilla fresca.

Artigos relacionados

Back to top button