OurenseÚltima hora

Visita do delegado do Goberno en Galicia ao Concello de Maceda

 

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantiña esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa máis nova de España, Uxía Oviedo, rexedora de Maceda. Ambos repasaron xunto co subdelegado en Ourense, Emilio González, os investimentos do Goberno neste municipio e as iniciativas locais para os vindeiros meses, e destacaron o impulso de futuro dos gobernos progresistas na provincia de Ourense.

Tras reunirse na Casa do Concello, desprazáronse ata a nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), inaugurada o pasado mes de abril.

Artigos relacionados

Back to top button