DeportesÚltima hora

Visita do presidente da Federación Galega de Atletismo á delegación desta entidade no Barco

O presidente da FGA con representantes da delegación e co concelleiro de Deportes do Barco./ Foto: FGA.

 

O presidente da Federación Galega de Atletismo (FGA) Iván Sanmartín visitaba este martes a Delegación Valdeorresa desta entidade no Barco. Alí mantiña unha xuntanza de traballo co concelleiro de Deportes Aurentino Alonso así como cos distintos estamentos da delegación e demáis actores atléticos principais da zona.

No transcurso da visita se estivo analizando o estado das instalacións atléticas, abordando as distintas reformas que se pensan levar a cabo entre as que cabe citar, a limpeza da instalación ou a futura homologación dunha nova gaiola de lanzamentos. Tamén se valorou moi positivamente a dotación de novo material deportivo que permitará a optimización dos recursos da propia instalación.

O concelleiro de Deportes, comprometeuse a organizar conxuntamente ca Federación Galega e co Club Adas Cupa o Campionato Xunta de Galicia por clubs Sub10-12-14 do vindeiro 18 de xuño, así como a homologar a Milla de O Barco de Valdeorras coa intención de incluila no calendario nacional.

Por parte de Concello e FGA, tamén se falou de seguir apostando polas probas de ruta, logo do importante éxito organizativo colleitado durante a disputa do Campionato de España dos 10K absoluto e máster desenvolto o ano pasado. Outro dos compromisos concretados, foi o de estudar os importantes escenarios e contornas naturais que ten O Barco para programar algunha actividade competitiva na modalidade de Trail Runing.

O presidente da FGA, valoraba moi positivamente esta visita institucional na que salientaba as excelentes relacións e gran sintonía co Concello barquense. “Traballaremos coordinadamente co Concello de O Barco así como co Adas Cupa de Tinín González, de cara a seguir mellorando e impulsando o noso deporte neste importante núcleo atlético, berce de formidables e carismáticos atletas”, declaraba Iván Sanmartín ao remate da súa visita.

Artigos relacionados

Back to top button