A recollida de uva na Denominación de Orixe Valdeorras está en plena efervesencia. E no decurso desta campaña unha das adegas da zona, Ruchel (con sede en Vilamartín), recibía a visita dunha enóloga australiana interesada na variedade godello e na súa elaboración. Esta técnica pasaba varios días na comarca vendo como se traballa con esta variedade e como se elabora.
Fotos: Carlos G. Hervella.