
Será unha nova oportunidade para descubrir as singularidades do impresionante xacemento prerromano do Castrillón (Larouco), como o seu monumental sistema defensivo, da man dos arqueólogos que o están a investigar e tamén dos mozos do campo de voluntariado ambiental e arqueolóxico que se está a desenvolver nel.
O vindeiro 13 de xullo ás 19h. está prevista unha visita guiada a este castro no decurso da tal se amosarán as actuacións realizadas ata o de agora, así como as descubertas realizadas nel.
O punto de encontro dos participantes será o propio xacemento.