PolíticaÚltima hora

Visita pola Rúa e mitín do PP no Barco

A ourensá Carmen Pardo, no posto número 25 da lista do PP ás europeas, destacaba a importancia das decisións que se toman en Europa
Carmen Pardo, intervindo no mitin do Barco.
Carmen Pardo, intervindo no mitin do Barco.
Representantes do PP, na sede deste partido na Rúa.
Representantes do PP, na sede deste partido na Rúa.
Percorrido pola Rúa.
Percorrido pola Rúa.
Visitando unha das cafeterías ruesas.
Visitando unha das cafeterías ruesas.

Tras participar en actos na capital da provincia e no Carballiño na mañá do 15 de maio, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda; a candidata Carmen Pardo, e o presidente provincial, Manuel Baltar, realizaban paseos durante a tarde polas rúas de Ribadavia (tamén participaban Ana Pastor e os membros do Grupo Municipal, co seu portavoz César Fernández) e na Rúa, neste último caso co seu alcalde, Avelino García como anfitrión.

Xa ás oito e media da tarde o Teatro Lauro Olmo do Barco acollía un mitín que encetaba Moisés Blanco, concelleiro barquense e deputado no Parlamento Galego, quen explicou a importancia que teñen para os valdeorreses estas elección europeas, facendo unha referencia expresa a sectores económicos como o viño ou a lousa. “O futuro está en xogo”, dixo.

De seguido tomaba a palabra Carmen Pardo, que ocupa o posto número 25 da lista do PP, quen incidía no valor destes comicios europeos xa que “o 80% do que facemos cada día depende de algo que se decide en Europa”. Tamén lembraba o papel que teñen as políticas europeas en ámbitos produtivos como o do viño, tendo en conta que a provincia conta con catro das cinco denominacións de orixe galegas. Mencionaba tamén o carácter internacional de sectores como o da castaña e o da lousa.

Aludía asemade a aposta da UE pola denominada “especialización intelixente”, é dicir, “medrar naquilo que é auténtico e que é noso”. E tamén destacaba que a “política social máis importante é a xeración de emprego”. Apuntaba asinmesmo, botando man das cifras, que a situación económica de España ten mellorado nestes anos.

O mitin completábase coas intervencións de Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia, e de Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense e do PP de Ourense, quen resaltou que “temos unha candidatura potente con xente que coñece as nosas necesidades, unha candidatura preparada para gobernar”. Ademais cifrou en máis de 200 os actos que o PPOU organizará durante este campaña.

Fotos: Carlos G. Hervella

Chegada ao Barco.
Chegada ao Barco.
Asistentes ao mitín do PP no Teatro Lauro Olmo.
Asistentes ao mitín do PP no Teatro Lauro Olmo.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button