CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Visita real de Oriente en Trives

A cabalgata percorría a vila a partires das 5 da tarde ata chegar ao Auditorio Julio Vázquez

Con saúdos dende o balcón do Concello de Trives, e acompañados polo seu alcalde Francisco José Fernández, principiaba a visita que os Reis Magos realizaban na tarde do 5 de xaneiro a esta localidade. Despois Melchor, Gaspar e Baltasar subíanse a unha carroza, cuxo deseño se inspiraba nesta ocasión na patrulla canina.

A partir de aí iniciaban un percorrido pola localidade, seguidos por numerosos nenos que, ilusionados, corrían para recoller os caramelos que os Reis Magos lles lanzaban. O traxecto concluía no Auditorio Julio Vázquez, onde os Reis, acompañados polos seus paxes, recibían e saudaban a cada un dos cativos e, ademais, entregábanlles un agasallo.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button