DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Vitoria do CD Rúa nun polémico encontro no Aguillón

Co 5-4 no marcador remataba o partido contra a A.D. Covadonga da xornada 17ª

Tarde de goles e tarxetas, a vivida o 13 de xaneiro no campo de fútbol do Aguillón na que o CD Rúa se enfrontaba á AD Covadonga, no partido adiantado da xornada 17ª en segunda autonómica.

Xa na primeira parte do encontro se marcaban seis goles. Os tres do Rúa eran obra de Rober que empataba tras o terceiro marcado polo visitante Adrián. Con respecto ás tarxetas chegaban tralo descanso. Ata oito sacaba o colexiado, catro para cada equipo, dúas das cales eran para Hugo, xogador do Covadonga que tiña que saír do campo.

Despois de varios intentos e un constante tira e afrouxa (con altercado entre xogadores e mesmo o público a pé de campo, incluído), o Covadonga volvía adiantarse no marcador co gol de Víctor no minuto 76, e só catro despois Iván volvía empatar para os amarelos. Xa en tempo de desconto, Lora marcaba o gol da vitoria para o Rúa. Ao final 5-4 e tres puntos máis para o conxunto rues.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button