CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Vitoria do CD Barco e chourizada, no campo de Calabagueiros

Co 1-0 remataba o partido ante o CD Choco celebrado na tarde deste domingo 20 de novembro

 

Dobre alegría recibían os afeccionados do CD Barco na tarde deste domingo 20 de novembro no campo de Calabagueiros. A primeira e moi importante, a vitoria que o conxunto valdeorrés lograba na xornada 9 de Terceira RFEF ante o CD Choco, ao que superaba pola mínima (gol de Pazos no minuto 71) tralo minuto de silencio polo falecemento da nai de Santi un dos socios mais seguidores e fieis do equipo. A segunda alegría era o convite a chourizo asado que o club facía durante o descanso.

 

 

A piques de entrar no ano do 50º aniversario, o Centro de Deportes Barco prepárase para unha celebración por todo o alto, sendo este detalle un pequeno anticipo.

 

 

A nivel deportivo, con esta o CD Barco suma a terceira vitoria no que vai de liga, afastándose da zona baixa e situándose no oitavo posto da clasificación. A seguinte cita para os de Javier Rey será no campo do Couto para disputar o primeiro derbi provincial da tempada ante a UD Ourense.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button